Dende o Departamento de Educación Física estaremos a traballar nas seguintes liñas:
1º da ESO:
Traballarase sobre os seguinte temas:
- A pirámide dos alimentos
- Nutrintes (clasificación, porcentaxes na dieta)
- Comida-lixo (decálogo sobre obesidade)
Para elo empregaranse os murais como exposición do traballo desenvolvido así como unha exposición, con alimentos reais, do que teríamos que consumir nunha dieta saudable (por exemplo: a cantidade de arroz en crudo que teríamos que tomar, a froita, os vexetais, a cantidade de "chuches" que se comen nun día, nunha semana,...)
2º da ESO:
Traballarase sobre os seguintes temas:
- Consellos para unha boa alimentación
- A actividade física e a saúde. A pirámide do Exercicio
- Mitos e crenzas populares sobre nutrición e obesidade
- Trastornos da alimentación (anorexia e bulimia)
- Vigorexia
- As dietas (dietas milagro)
Para elo empregaranse os murais como exposición do traballo desenvolvido
3º da ESO:
-
Realizarán e completarán unha base de datos de alimentos ou comidas "preparadas" (Bolería industrial, chuches, pizzas, caldos,....) recollendo as kcal. que aportan por 100gr xunto coa cantidade de nutrintes esenciais que posúen. Dita información a obterán dos propios envases.
-
Unha vez completada a base de datos calcularán, empregando a aplicación axeitada, as calorías dos principais menús que se poden atopar en diferentes rexións ou países.
-
Realizaremos tamén gráficos indicadores da porcentaxe de nutrintes dos menús anteriores, para comparalos coas porcentaxes dunha dieta equilibrada.
-
Durante a semán cultural exporemos nun ordenador unha páxina sinxela onde os alumnos/as e profesores/as poderán calcular o seu IMC (Índice de Masa Corporal) e o seu metabolismo basal así como a cantidade de calorías que, pola súa idade, debería inxerir diariamente.
4º da ESO:
- Aproveitando o traballo que van a realizar coa publicidade, se o anuncio elixido o permite, analizar se se promoven actitudes saudábeis relacionadas coa actividade física ou só se promove o consumo do producto.
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.